Site icon Crónica3.com A Mariña

Factúranlle á vez dúas compañías eléctricas do mesmo grupo empresarial e ameázana de corte de subministro

Cervo, 6 de maio de 2015.- Jose Luis Moñita Martin presidente da plataforma de Afectados polos Abusos do Mercado Eléctrico denuncia que unha veciña de Cervo está a ser facturada á vez por dúas empresas eléctricas do mesmo grupo empresarial.

Carmen Gradaille, veciña de Cervo está a vivir un auténtico calvario dende que unha operadora de Gas Natural Servizos SDG a convenceu hai máis dun ano para que se acollese a unha oferta marabillosa que a ía beneficiar enormemente. Non só esta oferta non foi nin moito menos o prometido senón que, ademais de saírlle moito mais caro o consumo dese ano, dende que cambiou de compañía a favor de Gas Natural S.U.R está a recibir dobre facturación. Presentou reclamación en ambas as dúas compañías e dixérona que estudarían o caso e que a chamarían unha vez resolta a reclamación. Tras dúas semanas de espera outra operaria do grupo Gas Natural púxose en contacto con ela comunicándolle que “estaba equivocada”, que dende o grupo Gas Natural non a estaban a facturar dúas compañías polo que se debía dirixir á outra empresa que a estaba a facturar para presentar alí a reclamación. De nada serviu que se lle explicase en repetidas ocasións a esta operaria que as facturas as tiña diante, eran do mesmo período, da mesma subministración, e unha era da compañía Gas Natural Servizos SDG, S.A. e a outra de Gas Natural S.U.R. “A equivocada era evidentemente a clienta que non sabía ler”. Dende o Grupo Gas Natural asegúrana que soamente a está a facturar unha empresa.

Ante isto esta clienta decidiu devolver os recibos dunha das compañías e atender os da outra, concretamente os da compañía coa que asinou o último contrato, Gas Natural S.U.R.

Lonxe de rematar aí a polémica esta veciña de Cervo recibe a diario ameazas de corte da compañía Gas Natural Servizos SDG.

Dende a plataforma axudamos esta socia a presentar a reclamación ante industria solicitando a non autorización do corte de subministración e a resolución e sanción do equívoco. Lamentamos profundamente o descontrol de facturación destas compañías, se ben novamente advertimos como dentro destas compañías funcionan mellor uns departamentos que outros, proba diso é a ameaza de corte que foi inmediata tras a devolución dun recibo e non obstante a reclamación de dobre facturación debe tramitarse por outra vía, a de consumo, bastante mais lenta.

Exit mobile version