Site icon Crónica3.com A Mariña

Feijóo volverá visitar A Mariña lucense este sábado

Lugo, 06 de maio de 2015.- O presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo visitará, unha vez máis, A Mariña lucense este sábado 9 de maio. Nesta ocasión, no marco da campaña electoral de cara as eleccións municipais do 24 de maio.

O dirixente popular participará en varios mitines previstos en Mondoñedo e Riotorto, logo de que este martes estivera presente en Viveiro na presentación do conxunto das candidaturas electorais da Mariña

A primeira cita será en Mondoñedo, ás 15.30 horas na casa da Xuventude (sita no número 5 da rúa Pacheco) onde o presidente popular arroupará á candidata á alcaldía Elena Candia.

Despois será quenda de Riotorto, onde o presidente ofrecerá un mitin, ás 17.00 horas, no salón de actos do Centro Sociocultural, sito na rúa circunvalación. Feijóo apoiará así ao candidato popular Clemente Iglesias.

Nos actos estará acompañado, ademais dos distintos alcaldables locais e as súas candidaturas, do presidente provincial do Partido Popular en Lugo, Jose Manuel Barreiro e do secretario xeral dos populares lucenses Jose Manuel Balseiro, entre outros.

Os populares salientan a importancia que para o presidente do PPdeG ten A Mariña lucense, tamén desde o punto de vista electoral e por iso o apoio a unha das comarcas máis puxantes da provincia de Lugo e na que a acción do Goberno da Xunta ten especial atención

Exit mobile version