Site icon Crónica3.com A Mariña

Finalizaron as II Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz cunha nova vitoria de Lagoa

IMG_7609Alfoz, 3 de maio de 2015.- Lagoa renovou o seu título de Campioa das Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz. Chegaran con posibilidades á última xornada as parroquias de Lagoa e Mor, pero esta última quedou máis abaixo nos puntos deste sábado 2 de maio e, finalmente, Lagoa alzouse co triunfo. Como medalla de Prata quedou a parroquia de Mor e como medalla de Bronce a parroquia de Adelán. O gañador desta última xornada, a dos Xogos Populares, foi a parroquia das Terras Altas, na que se combinan xogadores das parroquias de Oiras e Pereiro. O Xuíz dos Xogos Populares foi Roberto Montero, axudado por Santiago Quirós.

A clasificación final das II Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz foi a seguinte:
1. Lagoa – 656 puntos.
2. Mor – 621 puntos.
3. Adelán – 504 puntos.
4. O Castro – 465 puntos.
5. Bacoi – 432 puntos.
6. Terras Altas – 421 puntos.
7. Carballido – 408 puntos.
8. Reirado – 292 puntos.

Como resumo, dicir que Bacoi gañou a Proba Cultural, Lagoa a de Fútbol Sala, Mor a Proba Artística e Terras Altas os Xogos Populares.

Como o ano pasado, o éxito das Olimpíadas foi total, con centos de veciños abarrotando as gradas do Pavillón Municipal e gozando de catro semanas de paixón, emoción, rivalidade sá e boa veciñanza. As Olimpíadas merecen seguir para anos vindeiros.

Mándovos dúas fotos, unha dos tres gañadores dos Xogos Populares, representantes das Terras Altas (Gil, Erik e Fran) e outra coa parroquia que se levou a medalla de Ouro nestas II Olimpíadas (Lagoa), xunto co Alcalde e algúns concelleiros de Alfoz.

Exit mobile version