Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz, Plataforma de Futuro: “Avanzaremos paso a paso coa máxima coherencia”

Foz, 29 de maio de 2015.- O pasado martes “Foz, Plataforma de Futuro” convocou en asamblea aos seguidores para facer balance das pasadas eleccións municipais e debatir abertamente acerca do futuro inmediato da formación.

Os resultados electorais para unha nova forza fundada hai sete meses son excelentes e marcan unha tendencia política que debe estar reflexada como se merece no pleno municipal.
Presentámonos a estas eleccións municipais cun obxetivo primordial: consolidar unha alternativa política de progreso para Foz. 

O primeiro paso esta dado, agora é o momento de apelar á coherencia e a solidaridade das xentes de progreso de Foz para explorar un goberno de futuro que supere as ancoraxes do pasado.  
 
Concurrimos a estas eleccións con dúas premisas irrenunciables faladas en todos os nosos encontros que configurarían a nosa alternativa de futuro para Foz. Por un lado, non concebimos apoiar un goberno coa actual dereita que representa o PP, e por outro lado non nos sentaremos a negociar unha alternativa de goberno ata que o candidato socialista Jaime Cancio faga unha renuncia oficial á súa acta de concelleiro na Xunta Electoral.

Vamos a cumprir escrupulosamente os compromisos electorais acordados cos nosos veciños de Foz, dende o primeiro día actuamos con coherencia e seguiremos o noso vieiro con armonía dende o lugar que nos toque ocupar.

Exit mobile version