Site icon Crónica3.com A Mariña

“Foz, Plataforma de Futuro”, orgullosa pola resposta veciñal ao acto de San Acisclo

Foz, 18 de maio de 2015.- “Foz, Plataforma de Futuro” está tremendamente orgullosa coa resposta masiva dos veciños de San Acisclo que ateigaron o acto e pedimos desculpas pola xente que tivo que quedar na porta.

Luis Alfonso Sixto non vai a entrar na carreira de A VER QUEN MINTE MÁIS dos candidatos dos partidos de sempre, dous candidatos cun currículum de incoherencias, de idas e voltas inexplicables que só pode explicar un ANSIA DE PODER insana, e que é moi peligrosa para Foz. Pero esta é a política que nos toca vivir actualmente vamos a ERRADICALA o próximo domingo.  

Unha nova xeración de persoas facendo política en Foz, unha nova xeración de persoas enchendo os mitines de xente comprometida que quere cambiar aos políticos sen VALORES, unha nova xeración de persoas facendo política para decirlle aos políticos profesionais STOP! 

-Queremos un novo tempo para que os xóvenes sintan a ILUSIÓN do progreso
-Queremos DIGNIFICAR a política fronte á incoherencia
-Queremos que nos miren como PERSOAS e non como VOTOS
-Queremos un goberno dos VALORES e a fin do SECTARISMO
-Queremos que SIRVAN aos veciños e deixen de servirse deles
-Queremos que os políticos pidan PERDÓN por mentir
-Queremos GOBERNAR para todos con unha IGUALDADE real
-Queremos AXUDAR e estar ao carón das familias en apretos
-Queremos a inmediata MODERNIZACIÓN de FOZ 

Se tí tamén QUERES, o 24 de maio tes que votar FUTURO para un CAMBIO REAL e COHERENTE que non chegará coas recetas do pasado. 

Esta marea é imparable, vamos a vivilo ENTRE TODOS NÓS!

Exit mobile version