Site icon Crónica3.com A Mariña

FPF: A grandeza dunha cousa pequena

Foz, Plataforma de Futuro – “Moita xente pequena en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, poden cambiar o mundo”. Eduardo Galeano

Ao largo da historia dos pobos as loitas de superación das súas xentes fronte ás adversidades máis irracionais provocaron os grandes “momentos de progreso”.

Dende o pasado outubro, un grupo de persoas con certa experiencia en política xunto a un grupo de xóvenes comezouse a reunir en Foz para explorar unha ventana de oportunidade política de confluencia veciñal fronte á perda de autonomía local exercida polas élites dos partidos tradicionais.

-Unha alternativa para a xente que non quere ser gobernada dende as sedes dos partidos en Lugo ou Santiago de Compostela e reforce a identidade dun gran pobo.

-Unha alternativa ética que se plante ante os abusos da baixa calidade democrática á que algúns lle dan carta de natureza.

-Unha alternativa que se levante fronte aos recortes intolerables ao noso sistema de benestar.

Pero sobre todas as cousas, unha alternativa fronte a obsesión polo poder dos actores políticos de sempre.
Hoxe, esa cousa pequena e compartida está sendo empuxada con unha fortaleza titánica por centos de veciños aos que non hai nada material que os mova, senón unha idea común que enfía as súas mentes e os fai maioría…

UN FUTURO POR CONSTRUIR ENTRE TODOS!

Exit mobile version