Lugo, 14 de maio de 2015.- A Federación Rural Galega (FRUGA) xunto co BNG-Asembleas Abertas ven de presentar nun acto público, na mañán deste xoves, o “Manifesto en defensa do Sector Lácteo Galego”.
Xorde este manifesto coma reacción e reivindicación diante da grave situación na que se atopa o sector lácteo galego. Pretendemos que sexa o xermolo dun movemento amplo para a demanda de solucións inmediatas no sector, e non simplemente de boas palabras en época electoral. Queremos feitos, e non só anuncios.
Cómpre crear unha plataforma en defensa do leite galego, na que estean representados todos os ámbitos económicos e sociais implicados; dende os produtores ata a industria, contando tamén co conxunto do rural. Hai que deixar moi claro que o sector lácteo é un sector estratéxico da economía galega e precisa medidas excepcionais, como se ten feito con outros sectores.
Trátase dun manifesto urxente porque o sector atopase nunha situación limite. Compartimos a necesidade da organización e mobilización das persoas que viven, directa ou indirectamente deste sector que é unha parte fundamental da economía de moitas comarcas lucenses”.