Site icon Crónica3.com A Mariña

Fútbol gaélico, cos burelaos Alberto Méndez e Martín Fernández

futbol-gaelicoOs burelaos Alberto Méndez e Martín Fernández protagonizaron o segundo relatorio das IV Xornadas do Deporte Academia Imdecum o xoves pasado no IES Monte Castelo como subcampións do mundo de fútbol gaélico coa Selección Galega, título acadado hai un par de meses World Games Abu Dhabi 2015 despois de caer na final contra Arxentina.

Ambos mozos, ex–alumnos do centro de ensino da localidade mariñá, descubriron a realidade dun deporte moi dinámico que mestura fútbol e rugby e cada vez ten máis presenza en Galicia, con máis de 400 xogadores/as e cuxa selección autonómica e a única recoñecida oficialmente pola Asociación de Deportes Gaélicos. Fundadores de Fillos de Breogán como o primeiro club galego nesta modalidade na Coruña en 2010, Alberto e Martín poden gozar en 2015 dunha liga que xa abrangue oito equipos masculinos e sete femininos.

Fútbol
A cuarta edición do ciclo de Imdecum, que xa contou coa presenza da surfista vasca Estitxu Estremo, bicampioa do mundo, volverá este xoves con fútbol, coa visita de Manuel Mosquera, adestrador do RC Deportivo B e director da Escola Galega de Adestradores.

Xoves 28 de maio
Aula usos múltiples – IES Monte Castelo, 12.30 horas: “Programación anual para un filial dun equipo de Primeira División”, D. Manuel Mosquera, adestrador RC Deportivo “B” e director da Escola Galega de Adestradores.

Exit mobile version