Site icon Crónica3.com A Mariña

Gas natural Servicios emite novamente unha factura á veciña de Cervo por importe de 484,15 €

Cervo, 21 de maio de 2015.- A Plataforma de afectados polos Abusos Eléctricos denuncia que malia recoñecer publicamente o seu erro e anunciar que o problema estaba xa resolto, por parte de Gas Natural Servizos S.A. emitiuse unha nova factura a nome de Carmen Gradaille na que lle cobran a chilindrada de 484,15 €.

Non só non estaba resolta a incidencia con data 13 de maio senón que aos dous días Gas Natural Servizos S.A. emitiu unha nova factura na que lle cobran a Carmen un exceso de consumo por importe de 323,85 €. Ademais na devandita factura comunícaselle á usuaria que o custo das peaxes que tivo que pagar Gas Natural Servizos S.A. a Begasa polas peaxes foi de 67,47 €, cantidade que en ningún momento lle facturou Begasa. Trátase pois dun dato totalmente inventado, o cal é moi grave xa que é a base da facturación emitida. Xa con anterioridade denunciaramos que a marabillosa oferta que lle ofrecera Gas Natural a Carmen Gradaille non era tal e que se lle enganara dicíndolle que tiña un consumo moito menor ao real. Unha vez superado ese consumo, o prezo do Kwh dispárase dende os apenas 13 cts aos 27,10 cts que lle cobran a esta veciño de Cervo. O normal é que o consumidor, e mais estes últimos anos, descoñeza o consumo anual da súa subministración pero as comercializadoras se o coñecen xa que teñen acceso a este tipo de información en todo momento. O engano neste caso é dicilo ao cliente que ten un consumo ao ano e que lle van poñer unha cota fixa todos os meses polo que non se vai levar sustos na facturación mensual, pero se supera ese consumo cobraráselle un pouco mais o kwh. Este pouco mais é realmente o dobre do que estaba a pagar, e ao apalabrar un consumo moito menor xa penalízanche a partir do sexto mes. Non remata aquí a cousa, senón que en caso que decidas cambiar de compañía te penalizan polo consumo pendente de consumir.

Afortunadamente a reclamación en Industria xa foi tramitada a través da Plataforma e segue o seu curso, visto que as boas palabras de Gas Natural Servizos S.A. quedáronse en papel mollado.

Exit mobile version