Site icon Crónica3.com A Mariña

González Barcia afirma que “o PP seguirá gastando sólo o que se ingresa e pagando a quen se lle debe”

Burela, a 20 de maio de 2015.- O candidato á reelección polo PP e actual alcalde de Burela, José María González Barcia, afirmou este mércores que “o próximo goberno municipal do PP seguirá gastando sólo o que se ingresa e pagando a quen se lle debe, e non como fixo o bipartito, que deixaron nos caixóns facturas por un millón trescentos mil euros sen pagar e sen cartos para facelo”.

Barcia afirmou que “se fumos capaces de rebaixar á metade a débeda con bancos que había en xuño de 2011, e se fumos capaces a pagarlle a todos os empresarios e autónomos proveedores que o bipartito puxo ás portas da desaparición, tamén agora seremos capaces de seguir rebaixando a débeda do concello e conseguir equilibrar definitivamente a economía municipal”.

O candidato á reelección alertou de que “para Burela suporá un risco un goberno dun bipartito, ou mesmo dun tripartito ou dun tetrapartito, porque haberá que repartir cargos e todo o mundo quererá ter cartos para pagar favores políticos é o final os que pagaremos seremos os veciños de Burela, como xa se demostrou co bipartito”.

O actual rexedor asegurou que “nin o PSOE, nin o BNG, e parece que os outros tampouco, se caracterizan por ser racionales no gasto; algún candidato e membros das listas deses partidos son máis coñecidos, parece ser, por esquilmar empresas e deixar sen pagar que pola súa maravillosa xestión. Así que haberá que andar con cuidado”.
Barcia afirmou que “o próximo goberno do PP continuará coa substitución sólo de luminarias para facer, con bastante menos cartos, o que outros puideron facer cando parece que sobraban, xa que o bipartito gastou algo máis de un millón cen mil euros cambiando farolas enteiras que non trouxeron ningún aforro enerxético, mesmo incrementaron o consumo e por riba moitas desas farolas non soportan que alguén se lles arrime, porque doblan”, afirmou González Barcia, quen manifestou que “gastando sólo a cuarta parte do que se gastou, levaríase a cabo a reposición total de luminarias de alumiado público para conseguir o maior aforro enerxético posible, e o concello tería deixado de gastar nada máis e nada menos que oitocentos mil euros. Con eses oitocentos mil euros, puideron facer a nova escola infantil, cambiar o teito do pavillón dos Castros, e poñer en marcha un plan de emprego xuvenil, cousas que agora todos piden”.

Exit mobile version