Site icon Crónica3.com A Mariña

González Barcia afirma que “o PP traballará en dúas direccións para abrir máis zonas verdes e de ocio conforme ó PXOM”

Burela, a 13 de maio de 2015.- O candidato á reelección polo PP e actual alcalde de Burela, José María González Barcia, asegurou que “o próximo goberno do PP aposta por máis zonas verdes e de ocio, aproveitando ó máximo todos os recursos que nos proporciona o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), e para eso traballará en dúas direccións”.

“Nunha primeira dirección, indicou o actual alcalde, e tendo en conta que o PXOM así o contempla, tentaremos crear paulatinamente novas zonas verdes e de ocio a medida que se vaia desenvolvendo o PXOM”.

Barcia indicou que “a nosa vila pode e debe ter máis zonas verdes e de ocio, que xa están prefixadas no PXOM dentro do solo urbano, e polo tanto non se poden facer en calquer sitio. Polo tanto, será prioritario para nós ir programando e realizando estas actuacións, para gañar máis calidade de vida”.

No tocante á segunda dirección, indicou que no progama electoral do PP “consta de forma explícita actuar sobre o solar propiedade do concello de aproximadamente 30.000’00 m2 existente nas proximidades da Marosa, tendo en conta que a condición de solo rústico é determinante”. Nesa superficie se pode, e se debe, facer un espacio aberto pero acondicionado debidamente, como zona de esparcemento pero básicamente enfocado á realización de actividades ó aire libre, como certos deportes e concertos, e mesmo habilitar unha zona como parquing de autocaravanas”.

González Barcia tamén dixo cómo se pode facer: “evidentemente, esta obra non é barata, ainda que o poida parecer; teremos que comenzar a traballar para buscar financiación a través e convenios de colaboración con outras administracións”.

“Deste xeito, indicou o candidato á reelección, traballaríamos en dúas direccións, abrir novas zonas verdes e de ocio no no ámbito urbano da vila, e configurar fóra do mesmo unha zona ampla para actividades ó aire libre”.

Finalmente, González Barcia indicou que “se nos últimos catro anos traballamos por ter ferramentas urbanística e legáis para deseñar a Burela do futuro, e esa ferramenta é o PXOM, agora que xa as posuimos temos que aplicalas e aproveitalas ó máximo para xenerar emprego perto tamén para aumentar paulatinamente a nosa calidade de vida”.

Exit mobile version