Site icon Crónica3.com A Mariña

González Barcia: “Como xestionamos a posta en marcha de Escola de Idiomas, xestionaremos o aumento da súa oferta educativa”

Burela, a 19 de maio de 2015.- O candidato á reelección polo PP e actual alcalde de Burela, José María González Barcia, asegurou que “o noso compromiso pola educación nestes catro anos foi máis ca evidente, e nesa liña contamos seguir traballando nos próximos anos”.

Barcia, que puxo como exemplos dese compromiso a xestión do cambio do teito do CEIP “Vista Alegre”, a biblioteca do IES “Monte Castelo”, a zona de xogos e a pista descuberta do CEIP “Virxe do Carme”, ou manter as coidadoras de comedor e as actividades de centros nos dous ceips, e mesmo apostar por unha nova escola infantil, afirmou rotundo que “do mesmo xeito que xestionamos a posta en marcha da Escola Oficial de Idiomas, estamos xa xestionando o aumento da súa oferta educativa, xa que entendemos que este servicio educativo está sendo moi usado e polo tanto fundamental na nosa vila”.

González Barcia tamén asegurou que “as obras de ampliación do IES “Perdouro”, cun investimento de 420.000’00€ serán realidade este ano, tal e como se dixo no seu momento; resulta chocante que algún candidato que foi director deste centro nada fixera no seu momento e ahora cale a boca, o que resulta mui ilustrativo”.

O actual alcalde e candidato á reelección tamén afirmou que “se pode millorar a oferta educativa da Escola Municipal de Música, a través de varias líneas de actuación: por un lado, a oferta en sí mesma, con actividades como canto, ou novos instrumentos; e por outro, potenciando a Xoven Orquestra Municipal que depende da propia Escola, e que se estrenou hai uns meses”.

Barcia asegurou que “o PP cree no proxecto da Escola Municipal de Música, porque a creamos nós no seu día, e porque entendemos que o profesorado é competente; por eso baixamos as taxas, e por eso estamos dispostos a redefinir as taxas, en colaboración con ASUEMBU, para facilitar que máis alumnos, nenos, xóvenes, adultos e exalumnos, poidan asistir ás súas clases e actividades”.

O actual rexedor dixo que “dentro da Escola cabe toda oferta musical que se queira incluir baixo o paraugas e a xestión da propia Escola”
Noutro orde de cousas, o candidato popular afirmou “que a colaboración coas ANPAs está fóra de toda dúbida, e elas sábeno. Por eso irá incrementándose a medida que as posibilidades económicas do concello o permitan. Así, manteremos as actividades de tarde para ter abertos os centros e permitir a conciliación da vida laboral e familiar e continuaremos apostando pola millora das instalacións dos centros, tal e como estamos facendo nos vestiarios do pavillón dos Castros e as xestións que estamos levando a cabo para cambiarlle lo teito a ese pavillón, ou para solucionar o problema das filtracións no mesmo centro”.

Exit mobile version