Site icon Crónica3.com A Mariña

Letras Galegas na Escola Infantil de Xove

LETRAS GALEGAS NA ESCOLA INFANTIL (2)Xove, 15 de maio de 2015.- Os nenos e nenas da Escola Infantil de Xove tiveron este venres a súa celebración do Día das Letras Galegas. Para isto, dous componentes do grupo da danza e música tradicional Saiñas de Xove desprazáronse á Escola para estar con eles.

Ás nenas e aos nenos gustáronlles moito os instrumentos que trouxeron, unha gaita, unha pandereta e unha botella. Ensináronlles as partes das que se compoñen, como se agarran para tocar e como soan.

Tocaron tres muiñeiras coas que nenas e nenos desfrutaron bailando e saltando, e trala festa de celebración comeron empanada.

Exit mobile version