BURELA, 20 de maio de 2015.- Os integrantes da candidatura de Ciudadanos Burela móstranse convencidos de que os veciños do municipio van facer balance dos últimos 8 anos de “desgoberno” sufrido en Burela. O cabeza de lista para as eleccións municipais do próximo domingo, Manuel Vicente González, indicou respecto diso que as dúas últimas lexislatura non foron máis que “unha perda de tempo para toda a sociedade burelesa” e dixo que os integrantes da formación política que representa están seguros de que os bureleses recordarán “as mentiras” dos 3 partidos que “desgobernaron” este municipio en todo este tempo.
PP, PSdeG e BNG queren facer tontos aos bureleses
Para os integrantes de Ciudadanos en Burela as propostas de populares, socialistas e nacionalistas son “lamentables”. “Parece que non tiveron nada que ver co desgoberno que sofre o municipio. Preséntanse coma se presentásense por primeira vez ás eleccións de Burela, coma se eles non gobernasen”, recalcou Manuel Vicente. Dixo tamén que os veciños de Burela merecen un respecto, “parecen que os queren facer tontos, coma se non tivesen memoria, pensando que non se van acordar do que lles prometeron nos seus programas do 2007 e 2011 e que non cumpriron. Pero agora algo cambiou. A cidadanía de Burela ten a oportunidade de votar a un partido serio, que cumprirá o seu programa e atenderá o día a día dos cidadáns de Burela”, asegurou.