Site icon Crónica3.com A Mariña

Música e ilusións este sábado co espectáculo MaxicoSons en Burela

O sábado 9 o auditorio de Burela acollerá un espectáculo para público familiar onde se combinará maxia e música. MaxicoSons combina as composicións coas ilusións adaptadas ós diversos públicos.

A actuación terá lugar a partir das 17.30 horas con entrada libre baixo a organización da Delegación Municipal de Cultura do Concello de Burela.

“A nosa idea é aparecer por arte musical… un músico e un ilusionista aparecerán por arte maxical, máxico e musical”, segundo aseguran Álvaro Muras e o ilusionista Martín Camiña.

¿Pódese facer maxia cun instrumento de corda? ¿Pódese facer composicións musicais dunha baralla? Unha melodía paralela de manipulación de cartas, papeis rotos e recompostos, cordas que se rompen e siguen soando, unhas notas de humor e unha parte moi importante que é a participación dos espectadores.

Trátase dun espectáculo a todo ritmo para entreter e divertir no que o público será partícipe da creación da historia.

Exit mobile version