Site icon Crónica3.com A Mariña

Música e maxia, na Casa da Cultura de Burela

Burela, 8 de maio de 2015. A Concellería de Cultura de Burela, continuando coa súa Programación Cultural de Primavera, presenta este sábado, 9 de maio ás 17.30 horas, no Auditorio da Casa da Cultura, o espectáculo MaxicoSons.

MaxicoSons, é unha proposta orixinal en canto á idea de promover a lectura coa presenza dun músico e dun ilusionista e os seus xogos máxicos e musicais. Un espectáculo de maxia con moita música en directo, para o desfrute dos asistentes, composto polo músico Álvaro Muras e o ilusionista Martín Camiña. O espectáculo está dirixido ao público familiar e a entrada ó mesmo será libre.

Exit mobile version