Site icon Crónica3.com A Mariña

Na clausura da Feira Expomar, José Mª González Barcia, afirmou que “o importante apoio da Xunta propicia pensar en novos retos para este evento”

170515 Foto clausura ExpomarBurela, 17 de maio de 2015.- O presidente da Fundación Expomar e alcalde de Burela, José María González Barcia, afirmou este domingo no seu discurso de clausura que “o importante apoio prestado pola Xunta, a través das Consellerías de Medio Rural e Mar e de Economía e Industria, propicia que desde o Patronato poidamos pensar en novos retos para a Feira que haberá que abordar sen presa, pero sen pausa”.

González Barcia agradeceu persoalmente ao conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, que foi o encargado de clausurar a Feira, a súa implicación con Expomar.

Barcia, que agradeceu unha vez máis o apoio institucional da Xunta, unha vez máis tamén se puxo ao lado do sector pesqueiro para “facer un chamamento público, alto e claro, para que se lle deixe traballar, porque sabe perfectamente como actuar no presente e como garantir o futuro: non podemos perder ningún posto de traballo nestes momentos, non podemos perder ningunha actividade empresarial vinculada coa pesca”.

González Barcia indicou que “o potencial de Expomar é o reflexo do potencial que ten Burela, a Mariña, e a propia comunidade autónoma, un potencial que se fundamenta no traballo continuo e no apoio institucional, no traballo en común con proxectos sólidos e cribles”.

Finalmente, agradeceu o traballo da Fundación e do seu persoal colaborador, pero sobre de todo a asistencia dos expositores e das firmas presentes, avanzando que “a edición de 2017 comeza xa a andar, e na mesma tentaremos abordar algúns deses novos retos que nos marcamos”.

Exit mobile version