Site icon Crónica3.com A Mariña

Novo éxito do IES Vilar Ponte no Concurso Novos Talentos Premio Relato Curto

premio-cocacola-viveiroA alumna de 2º de E.S.O. do IES Vilar Ponte de Viveiro, Enya Otero Conde, foi elixida, no Sector de Lugo, como unha dos tres gañadores da Fase Provincial da 55ª edición do Concurso Novos Talentos, Premio Relato Curto, patrocinado por Coca-Cola.

O IES Vilar Ponche participa cada ano neste concurso, tanto en lingua castelá como en lingua galega, sendo a profesora Ángeles Murias Siñeriz a encargada da súa coordinación e da preparación do alumnado. Nos últimos anos o éxito alcanzado en ambas linguas foi incuestionable, quedando finalistas en varias ocasións, obtendo na pasada edición o 1º premio provincial en ambas linguas.

Anteriormente tense alcanzado un primeiro premio a nivel autonómico galardoado cunha viaxe a Ámsterdam, xunto cos representantes das restantes Comunidades Autónomas.

A entrega de todos os premios provinciais e o premio autonómico, que se coñecerá no transcurso deste acto, terá lugar o venres 29 de maio no rectorado da Universidade da Coruña.

Exit mobile version