Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Foz pide a tódalas formacións políticas o respeto ó entorno e “non colocar carteis en lugares inadecuados”

Foz, 7 de maio de 2015. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, pide a todas as formacións políticas que na campaña electoral que empeza na próxima media noite respecten o entorno e non coloquen carteis nin pancartas en lugares inadecuados.

O rexedor municipal explicou que “foi habilitada unha zona na avenida da Ribeira ben iluminada para que todos os grupos poidan facer alí o acto de pegada de carteis esta media noite. E tamén aproveito para dicirlles aos responsables dos grupos políticos que nesta noite de pegada de propaganda electoral sexamos respectuosos co entorno, porque non se trata de vestir con propaganda un pobo, que sigue con normalidade a vida diaria. Polo tanto pido o maior respecto á hora de pegar carteis e na colocación de pancartas, porque os veciños non poden sufrir as consecuencias de que esteamos en campaña”.

Javier Castiñeira considera que “aos responsables políticos hai que esixirlles o mesmo que a calquera empresa de publicidade ou aos comercios que quere facer publicidade no concello. Polo tanto pido a máxima prudencia e respecto coas rúas e cos muros do municipio para tratar de evitar que coa propaganda electoral deixemos un pobo completamente empapelado, o que daría unha imaxe contraria á que se merecen unhas eleccións municipais”.

Exit mobile version