Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde e a concelleira de Cultura de Barreiros visitaron os colexios

190515 Foto libros BarreirosBarreiros, 19 de maio de 2015.- O alcalde, Alfonso Fuente Parga, e a concelleira de Cultura, Adela Rodríguez, visitaron este martes aos rapaces dos colexios de San Miguel e de San Cosme e fixéronlles entrega de libros de Xosé Filgueira Valverde, a quen se acaba de dedicar o Día das Letras Galegas. Os nenos e as nenas tamén recibiron un exemplar de “Os Bolechas van á Mariña lucense”. Deste xeito o Concello quixo celebrar cos mais pequenos o Día das Letras Galegas.

Exit mobile version