Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde e o concelleiro de Cultura de Foz reuníronse cos representantes dos catro grupos teatrais do municipio para facer un recoñecemento ao seu traballo

210515 FOTO FOZ ALCALDE CON REPRESENTANTES GRUPOS DE TEATROFoz, 21 de maio de 2015.- O alcalde e o concelleiro de Cultura focenses, Javier Jorge Castiñeira e Ánxel Paleo Soto, reuníronse na mañá deste xoves cos representantes dos catro grupos teatrais que hai no municipio para facer un recoñecemento ao seu traballo.

O rexedor municipal explicou que “dende o Concello de Foz no día de hoxe quixemos dar o noso máximo agradecemento aos catro grupos de teatro que hai no noso concello: A Adala, de Fazouro; O Batán, de Cangas; Axóuxeres, de Vilaronte; e Pico do Castro, de Foz. Estes catro grupos son os que integran o programa de teatro nas parroquias que durante o ano pasado e este tamén estase a facer por todas as parroquias do concello e que esta funcionando moi ben”.

Javier Castiñeira engadiu que “estamos moi agradecidos e moi orgullosos do traballo que fan estes grupos de teatro. Eu creo que non existe ningún outro concello da envergadura do de Foz que teña catro grupos teatrais. E iso mostra a implicación que hai no mundo da cultura, igual que o ocorre coa música, xa que tamén temos moitos grupos. Este tecido cultural é o que está facendo que Foz sexa un dos concellos con máis actividades culturais de toda A Mariña”.

O alcalde rematou comentando que “polo tanto facemos público o agradecemento do Concello de Foz a estes catro grupos por seguir colaborando de forma altruísta para levar a cabo o programa de teatro nas parroquias, que tan ben está funcionando”.

Exit mobile version