Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Foz rexeita o PXOM en tramitación porque consideran que “o Plan está feito con dúas varas de medir”

O Bloque Nacionalista Galego reiterou o seu rexeitamento ao Plan Xeral de Ordenación Municipal que actualmente está a tramitar o Concello de Foz, actualmente en trámite para a aprobación provisional, ao mesmo tempo que denunciou que o grupo de goberno non procedese a resolver as alegacións presentadas polos veciños vai para un ano así como o silencio dos grupos da corporación respecto a este documento. “ Non é de recibo que as veciñas e os veciños de Foz non coñezamos a posición dos grupos da corporación en relación co PXOM e de xeito moi particular coas suxestións presentadas polos veciños antes das eleccións cando un dos primeiros temas que vai tratar a próxima Corporación vai ser precisamente esta”, indicou Lorena Seivane quen expresou a súa convición de que as forzas políticas “pretenden que votemos a cegas sobre o tema a fin de obter un cheque en branco sobre o futuro urbanístico de Foz. Non nos merecemos esta falta de respecto e moi particular os centos de veciños que seguen a agardar pola resposta a súa alegación”.

“O Alcalde de Foz débenos unha explicación a todos os veciños, isto é, porque situacións urbanisticamente idénticas reciben solución diferentes, non deixando unha sola área do Concello no que o agravio comparativo non este presente. Así por exemplo no Camiño de Fogueiras, dúas vivendas colindantes, son tratadas de diverso xeito, unha delas é excluída da área de solo urbano non consolidado e por conseguinte clasificado como solar e a outra recebe a consideración de solo urbano non consolidado, pasa a quedar incluído no polígono e por conseguinte procederase ao derrube da mesma” afirmou Seivane quen indicou que “unha visual ao PXOM deixa claro que o Alcalde clasifica o solo en función do cliente ou se o quere máis claro atendendo ao que determina o rexistro da propiedade sobre o parcelario. Pero hai máis porque casos como estes atopámolos na Area do ámbito de protección especial do Campo e da Praza, onde curiosamente sen excluídas algunhas parcelas como a que ocupa a parcela onde se atopaba a antiga sede do PP, sendo incluídas todas as casas, casas que a máis de ficar cunha edificablidaderidicula vanse ver obrigadas a cargar cos costes de urbanización da zona”.

“Non imos dar por bo un PXOM que se fai con dúas varas de medir, unha para os poderosos e outra para a maioría dos veciños, até o punto de que se procede a clasificar como solar areas enteiras de solo que carecen dos servizos urbanístico necesarios para ter esa consideración, estamos falando para exemplificar de duns baldíos en Forxan, ou o mesmo na súbida de San Blas a Mansín, onde tamén a unha franxa e outra se califica como urbano consolidado solares que carecen de beirarrúas e saneamento… e así até seguir coa delimitación de areas de urbano consolidado, onde se inclúen ou exclúen vivendas e predios sen máis criterio que o do cliente. Así atopámonos con areas de solo que no Plano de 2007 eran considerandos como urbano consolidado, daquelas eran propiedade de promotores e hoxe que son de particulares pasan a ser clasificadas como urbano non consolidado. E por rematar referirnos as aliñacións onde nos atopamos ruas que en menos de 50metros pasan dun ancho de vial de 14 ao outro de 19 ficando polo medio nos 38 e deixando moitas vivendas fora de ordenación. Sen esquecer que fica fora de ordenación a practica totalidade de Avd da Mariña onde os fondos pasan de 14 a 7 até chegar a altura do terreo onde se situaba o cine onde se manteñen os 20 metros. En fin de traca” rematou a candidata do BNG.

Xa por último a candidata do BNG indicou que o custo que o PXOM vai ter para os veciños de Foz tal como se recolle na memoria económica do mesmo, isto é nin máis nin menos que 39.252.000 millóns de euros, co gordo do seu investimento en 8 anos, unha contía que evidencia que estamos diante dun Plano que é inviábel na súa execución e que representa un autentico saqueo para o conxunto dos veciños de Foz. “ Non podemos dar por bo que se pretende cargar aos veciños a totalidade dos custos de urbanización ou reurbanización, abastecemento ou saneamento, ou dos sistemas xerais e das zonas verdes cando os problemas provocáronse no momento do urbanismo desaforado sen que a todos aqueles que fixeron diñeiro a exportas co ladrillo lle fixeran asumir estas cargas. Pero hai máis non nos vale o argumento que non é unha espada que xa temos aquí pois boa parte das actuacións executaranse nun prazo máximo de 8 anos desde a aprobación do Plano”, afirmou.

Exit mobile version