Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Foz segue en loita por unha sanidade pública digna

Foz, 27 de Maio de 2015. O BNG de Foz segue na loita por unha Sanidade Pública digna.

Despois de agardar unha explicación, diante das graves insinuacións do candidato do PP, semella ser que as súas declaracións calumniosas cando o BNG destapou a perda do médico de urxencias en Foz, foron só fume de campaña.

Mais o BNG non minte; non manipula, non fai máis que informar e estar o pé da rúa coas inquedanzas veciñais. As insidias e calumnias do candidato do PP sobre a posible manipulación dun cartel no Centro de Saúde poden encaixar coas prácticas do seu partido pero NUNCA coas do BNG-AA.

As cousas son claras, o médico de cupo non é o médico de urxencias, e así mudou no organigrama do SERGAS. A Consellería no deseño do mapa sanitario dos PACS negoulle a Foz un PAC, pero acadouse un compromiso, precario mais claro: facultativ@ e enfermeir@ exclusivos para urxencias até as 22.00 horas. Iso dende o día 18 de maio de 2015, desaparece.

Os usuarios levan una semana padecendo a xestión brillante do candidato do PP
Sorprendeunos moito a premura por parte da EOXI de Lugo en agochar unha información que podía perxudicar o que parece o “seu” candidato en Foz ás eleccións municipais, secuestraron o cartel que a propia EOXI mandou colocar. Efectivamente foi o SERGAS e non unha manipulación, como calumniaba o candidato do PP, pero por riba de todo, a nosa
denuncia é verídica. Deixábanos aínda máis sorprendidos que esa liña directa para tapar bocas/ carteis que o candidato do PP parece ter coa EOXI, non a usara para tratar de suplir as sucesivas baixas de facultativos, outros sanitarios e PSX que a día de hoxe levan o seu traballo cunha sobrecarga á que sempre foi insensible, nin para evitar esta perda do médico exclusivo para as urxencias de tarde.

Parécenos lamentábel que diante das evidencias repartise insinuacións que mesmo están tipificadas no código penal. Entendemos que a munición electoral pintando bordillos virtuais en metralla e botando aglomerado en quente sen criterio (por certo, desapareceron as fochancas ou acabouse a pintura?, xa non hai obras en Foz….), son ben distintas que calumniar e difamar, pero ademais foi quen de deixar caer veladas ameazas (novo delito) aos facultativos que non fagan o traballo que non lles corresponde, una tripleta completa. Vir agora tras desta mostra de falla de escrúpulos despois de difamar, calumniar, ameazar e confundir coa fachada de moderación semella insultante amais de patético.

Exit mobile version