campaña electoral todo o Concello de Xove para trasladarlles aos veciños,
de primeira man, as actuacións que levarán adiante nas áreas do emprego, o
benestar, a formación, a cultura, o deporte, a ordenación urbana e o medio
natural.
Desde o Bloque comprometéronse a poñer en marcha un Viveiro de Empresas profesional ligado ao Polígono Industrial de Camba, a lograr a reactivación de prazas hoteleiras, a potenciar os contratos indefinidos nas axudas municipais e mais a crear un cámping e unha área de autocaravanas.
Dentro destas xornadas dedicadas a percorrer todos e cada un dos domicilios do concello, Marco López propuxo a creación dunha liña de transporte para actividades deportivas e culturais, a creación dun Centro de Día, a dinamización dos centros sociais, un Servizo de Conciliación Familiar con canguros e acompañamento, unha zona de xogos cuberta e mais a sinatura dun convenio cunha empresa do sector para eliminar as humidades
nos fogares.
O candidato do Bloque á alcaldía asegurou que “levamos moito tempo
traballando como unha forza con vocación de goberno, estudando a diario as
medidas políticas que se poden levar a cabo para conseguir unha solución
aos problemas reais do municipio”.
No eido da formación, os nacionalistas propuxeron a creación tanto do Ciclo Medio de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural como do Ciclo Superior de Xestión Forestal. Asemade, no campo da cultura e o deporte, anunciaron a creación dunha pista de andadura ecuestre, a
recuperación de actividades náuticas, a habilitación dunha aula exclusiva para o xadrez e un asesoramento profesional no ximnasio.
Marco López trasladoulle á cidadanía o “compromiso do BNG con todos os
veciños” e visitou un a un todos os fogares do municipio para explicarlle á cidadanía as accións que, de gobernar, poñerán en marcha para superar a
actual parálise do goberno municipal.
Desde o BNG tamén se comprometeron a promover a modernización do concello
mediante a tramitación dun Plan Xeral de Infraestruturas, a mellora
inmediata da rede viaria e a reordenación do tráfico no cruce da
Rigueira.
Como últimas novidades entre os puntos fundamentais que o BNG desenvolveu,
propuxeron un roteiro etnográfico do litoral (dolos, Baleeira de Morás,
San Tirso, Modias, Coto da Vela, Ceranzos, Coído), a limpeza dos cauces
fluviais, un plan de aproveitamento forestal e, por último, a adecuación
das instalacións para o acollemento de animais abandonados.