Site icon Crónica3.com A Mariña

O BOE publica este venres o anuncio do Ministerio de Fomento de licitación da rehabilitación do firme da N-642 ao seu paso pola Mariña

Foz, 1 de maio de 2015.- O Boletín Oficial do Estado publica este venres o anuncio do Ministerio de Fomento de licitación da rehabilitación do firme da estrada Nacional 642 ao seu paso pola Mariña. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, destaca que a ministra de Fomento, Ana Pastor, cumpre así o comprometido sobre esta obra trala petición que lle fixo o propio rexedor nunha xuntanza que mantiveron en Santiago.

Javier Castiñeira explicou que “no día de hoxe ven de publicarse no Boletín Oficial do Estado a obra de reparación do firme da Nacional 642 no tramo que pasa por Foz, tal como adiantamos no seu momento o secretario general de Infraestructuras e eu mesmo a raíz dunha entrevista que tivemos en Santiago coa propia ministra de Fomento e cos señores Barreiro, De Olano e o subdelegado do Goberno en Lugo. Estamos contentos porque deste xeito o Ministerio de Fomento cumpre con Foz. Esta obra está licitada e polo tanto despois do período de publicación, adxudicación e contratación inmediatamente sairán os traballos para diante. Para esta vía é importantísimo porque se atopa nun estado bastante malo e a seguridade non está garantida. Polo tanto reclamamos a máxima urxencia para esta obra”.

O alcalde focense engadiu que “agora hai que seguir traballando para solucionar definitivamente os problemas da Nacional 642 coa licitación canto antes do proxecto do primeiro tramo do corredor Barreiros-San Cibrao. Así llo reiteramos ao secretario general de Infraestructuras do Ministerio de Fomento e esperamos que nesta anualidade ese proxecto pode ser tamén unha realidade e que nos próximos orzamentos do Estado xa haxa unha partida para as obras do novo corredor”.

Castiñeira rematou destacando que “polo tanto son momentos de avance, nos que as administracións estamos empezando a ter unha estabilidade económica que permite facer investimentos o que en definitiva son boas novas para todos os veciños”.

O anuncio publicado este venres no BOE pode verse a través deste enlace:
http://www.boe.es/boe/dias/2015/05/01/pdfs/BOE-B-2015-13712.pdf

Exit mobile version