A tertulia desenvolverase no mesmo local onde está aberta ao público a exposición “As embarcacións tradicionais do arco ártabro até Ribadeo”, o local de usos multiples do Concello, na Praza Maior de Viveiro.
O sábado pasado abriuse esta mostra arredor do patrimonio marítimo e fluvial cunha charla que estivo a cargo do especialista Víctor Fernández, membro da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.
Na tertulia deste sábado 23, que dará comezo ás 19.00 horas, proxectaranse vídeos sobre o traballo dos carpinteiros de ribeira.
A entrada é libre até completar o aforo.