Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela arranxa estes días, coa axuda da Consellería do Medio Rural, varios camiños

130515 Foto Camino CinocheBurela, 13 de maio de 2015.- O Concello arranxa estes días coa axuda da Xunta varios camiños, segundo informa o concelleiro de Obras, Manuel Fernández Valle.

O edil popular explicou que “nestes días estanse levando a cabo as labores de acondicionamento dos camiños do Perdouro, de Cinoche e da Fonte, na Vila do Medio, que é o que vai á fonte de A Lamela, e o camiño do Campo, que está pegado ao campo de fútbol da Marosa e á estrada Burela-San Cibrao”.

Fernández Valle dixo que “o investimento total é de 51.000 euros máis IVE e a subvención corre a cargo da Consellería do Medio Rural e do Mar, que financia a base impoñible do investimento, mentres que a cantidade correspondente ao IVE corre a cargo do Concello. Confíamos en que nos próximos días estean rematadas estas 4 obras”.

E engadiu: “decidiuse o arranxo destes 4 camiños porque están no inventario municipal, porque a asociación de veciños O Vencello falounos dalgúns deles xa que consideraban que sería bo arranxalos e porque son especialmente usados. Por exemplo o camiño do Campo, na Marosa, é utilizado incluso como aparcamento durante o verán polos usuarios da praia”.

Exit mobile version