Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela instala unha pérgola no parque Rosalía de Castro

210515 Foto pergolaBurela, 21 de maio de 2015.- O Concello procede á instalación dunha pérgola no parque Rosalía de Castro, que servirá para que nen@s e acompañantes se resgarden da chuvia, segundo deu a coñecer o alcalde, José Mª González Barcia.

O rexedor sinalou que “se trata dunha actuación moi demandada pola asociación de veciños e tamén polos pais e nais dos usuarios do parque”.

O concelleiro de Obras, Manuel Fernández Valle, dixo que “a instalación da pérgola da comezo estes días. Trátase dunha estrutura de madeira e a cuberta é de cinc. Ocupa 50 metros cadrados. A súa colocación non impedirá a utilización do parque Rosalía de Castro. Nuns días a pérgola estará lista”.

Está previsto que a estrutura de madeira se coloque este xoves e a cuberta de cinc o vindeiro luns. González Barcia subliñou que “estamos a cumprir co programa electoral que levamos a estes comicios antes da celebración das eleccións”.

Outras obras
Os asfaltados das rúas Leandro Cucurny e Travesía do Porto remataron este xoves. Será o luns cando se proceda a pintar a sinalización vial. Fernández Valle manifestou que “hoxe estamos modificando os pasos elevados nalgunhas rúas, estanse a eliminar e a facerse de novo de acordo coa normativa actual vixente. Estase a actuar en tres pasos nos accesos a Burela desde Foz e desde Cervo e tamén noutro na rúa Arcadio Pardiñas”.

Exit mobile version