O equipo de voleibol feminino xurdiu a raíz das Escolas Deportivas. Un grupo de rapazas propuxéralle ao Concello incluír esta disciplina dentro da oferta das Escolas e dende entón comezaron a asistir a clases e incluso a adestrar para participar en competicións e co obxectivo de continuar con esta actividade deportiva.
O edil de Deportes, Luis Guillén, asegura que través das Escolas “pretendemos canalizar as preferencias deportivas dos veciños, adaptando a oferta aos gustos maioritarios, sempre tentando diversificar e que existan numerosas opcións”. Neste caso “falamos de apoiar o deporte feminino para favorecer que as rapazas formen equipo e contribuír a que se inicien no xogo competitivo”.