Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Lourenzá tramita solicitudes para participar no programa ‘Benestar en Balnearios’ organizado pola Xunta

Lourenzá, 4 de maio de 2015. O departamento de Servizos Sociais do Concello de Lourenzá tramita as solicitudes para os interesados en participar no programa Benestar en Balnearios 2015, da Xunta de Galicia.

Os requisitos para poder beneficiarse desta iniciativa son “ser maior de 60 anos, ou de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións; estar empadroado e residir nalgún concello de Galicia; valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa; non padecer enfermidades infecto-contaxiosas nin trastornos mentais conductuais; precisar tratamentos termais e carecer de contraindicacións médica para a recepción dos mesmos”.

A documentación que hai que presentar é a solicitude, unha fotocopia compulsada do DNI do solicitante e do cónxuxe ou acompañante, certificado de empadroamento e copia da declaración da renda. Pode presentarse no despacho da traballadora social do Concello de Lourenzá o a través da sede electrónica da Xunta. O prazo remata o 15 de maio.

Exit mobile version