Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Mondoñedo adxudica obras de mellora de camiños municipais e do POS 2015

O goberno municipal do concello de Mondoñedo adxudicou a mediados de abril as obras do “Plan de mellora de camiños de titularidade municipal no concello de Mondoñedo” e as do Plan de Obras e Servizos do exercicio 2015.

As obras que se acometerán no mencionado Plan son os accesos a Curros ( Santa María maior), accesos a Cuba (Argomoso), accesos en Outeiro- A Brava e A Penela ( Masma) e acceso a San Vicente.

As obras consistirán na limpeza de gabias e reparación de deformacións e roturas do afirmado e pavimentación da calzada mediante grava e regos asfálticos e na construción dun muro de 14 metros para reconstruír a plataforma do camiño en San Vicente.

O importe da adxudicación ascende a 119.669 euros.

As obras correspondentes ao POS 2015 refírense ao “Acondicionamento e mellora dos accesos aos núcleos de Ferrería, Soutoxoane, Argomoso e Ponte Pousada”.

As actuacións a realizar son de limpeza de beirarúas e gabias, reparación de pavimentos nas zonas deterioradas (bacheados, regularización de explanadas e tratamento superficial ).

O orzamento das obras ascende a 30.372, 25 euros.

Exit mobile version