Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro recibe 4.000 euros da Deputación para organizar o Mercado Renacentista

O Concello de Viveiro recibirá unha axuda de 4.000 euros da Deputación de Lugo para organizar o Mercado Renacentista, que terá lugar o segundo fin de semana de xullo. Deste xeito, un ano máis, e xa van oito, a entidade local e o organismo provincial colaboran para impulsar un evento que cada verán atrae a miles de persoas á cidade do Landro e a toda a comarca. A achega da Deputación supón o 34% do orzamento do mercado de época, dedicado a recrear os vínculos de Viveiro coa corte de Carlos V.

Nas pasadas edicións, máis de 10.000 persoas gozaron desta cita, o que xerou un volume de negocio e unha ocupación hoteleira semellante á da Semana Santa. O Mercado Renacentista é deste xeito un revulsivo económico para a localidade, que serve ademais de escaparate aos produtores e artesáns da zona e para difundir a calidade e variedade dos seus produtos.

Esta achega económica provincial súmase á que recentemente outorgou por valor de 25.000 euros a Deputación para a organización da Semana Santa, que bateu récord de visitantes este ano tras a súa declaración como Festa de Interese Turístico Internacional.

Exit mobile version