Site icon Crónica3.com A Mariña

O Conservatorio de Danza de Lugo baila en Viveiro

O alumnado de Grao Profesional das especialidades de Danza Clásica e Danza Contemporánea interpretarán no Teatro Pastor Díaz de Viveiro unha versión bailada do clásico O Principiño de Saint-Exupéry. Unha ocasión moi especial para gozar dunha sesión de danza en familia. A cita será o vindeiro martes 2 de xuño ás 20.00 horas no teatro municipal. A entrada é de balde ata completar aforo.

Exit mobile version