Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo de apoio a AGE de Ribadeo demanda solución para as verteduras no Rego da Rata

Ribadeo, 2 de maio de 2015.- O día 6 de febreiro do 2015 o Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicou a solicitude a Augas de Galicia pola parte dunha pranta de almacenamiento e valorización de residuos de construción e demolición construida en As Lagoas, lugar de Acevedo, Obe, Ribadeo para emitir dous verquidos no Rego da Rata -afluente do río Pequeno-. Os verquidos procederían da propia instalacion industrial e dun aseo, e irían primeiro a unhas balsas de decantación e de aló, por unha cuneta de 340 metros, chegarían ao Rego da Rata.

O expediente foi exposto ao público durante 30 dias a partir do 7 de febrero nas dependencias de Augas de Galicia en Santiago de Compostela e A Coruña -a realidade é que nas oficiñas da Coruña dixéronnos que alí non había nada e que o periodo de exposición ao público era só de vinte días-.

O Rego da Rata é un pequeno afluente do Rio Pequeno na zona límite entre Obe e Cubelas e por tempadas está prácticamente seco. Deste rego colle auga algunha casa da zona do Carboeiro, mentres que do Río Pequeño sírvese polo menos unha gandeiría da zona. A información sobre esta cuestión aos veciños implicados pola parte do Concello foi inexistente.

día 11 de marzo de 2015, ao ter coñecemento desta situación, o Grupo de Apoio a AGE de Ribadeo presentou unha alegación dirixida a Augas de Galicia e un escrito ao Alcalde de Ribadeo solicitando que o expediente fose exposto ao público en Ribadeo e que se abrise un novo periodo de alegacións, ademais doutras consideracións. No escrito ao alcalde propoñiase que se apoiase a proposta de exposición pública en Ribadeo e mais que fose o propio Concello quen abrise un expediente investigador e recollese opinión dos veciños por carecer o noso grupo dos recursos humáns e técnicos axeitados.

A semana pasada recibiuse un escrito de Augas de Galicia que di textualmente: “… compre informarlle que a información pública do expediente de referencia se realizou en todo momento conforme ao establecido no artigo 248 do vixente Regulamento do Dominio Público Hidráulico”. Non hai a máis mínima referencia aos eventuais impactos ambientais, uso público das augas, verquido á ría, etc. que se comentaban na nosa alegación.

No intre de redactar esta nota (23 de Abril) tampouco hai resposta do Concello de Ribadeo.

Exit mobile version