Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Popular mantense a favor da ampliación ata as 30.000 toneladas do continxente de lombos de atún sen aranceis

Santiago, 8 de maio de 2015.- O Grupo Popular de Galicia mantense a favor da demanda formulada pola industria conserveira galega de ampliar ata as 30.000 toneladas o continxente de lombos de atún libre de aranceis.

Así o confirmou esta mañá o voceiro do Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro, logo da xuntanza que mantivo con representantes da industria conserveira ANFACO-CECOPESCA, na que tamén participaron os demais grupos parlamentarios.

CONSOLIDAR E AMPLIAR 12.000 EMPREGOS
Desde o Grupo Popular se insiste en que de acadarse este obxectivo, a conserva galega podería ser a gran beneficiada, ao gañar en competitividade e valor engadido e crear as condicións favorables para consolidar e incluso mellorar os máis de 12.000 empregos directos que esta industria xera na Comunidade galega.

Balseiro volve a resaltar a importancia que ten a industria conserveira de peixes e mariscos dentro da economía de Galicia, especialmente en moitas zonas do litoral galego. Un feito que aparece acreditado se observamos os datos socioeconómicos referentes a este sector.

DEBATE NO PARLAMENTO
O deputado popular tamén adiantou que o vindeiro mércores 13 de maio, no seo da sesión prevista da Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia, terá lugar o debate e votación da iniciativa do Grupo Popular que recolle esta demanda.

Exit mobile version