Site icon Crónica3.com A Mariña

O III Festival de Voces Xóvenes do Concello de Foz achega á Mariña a ‘Los peques del León de Oro’

coro-peques-leonO coro “Los Peques del León de Oro” actúan este venres 29 de maio ás 20.30 horas no III Festival de Voces Xóvenes do Concello de Foz. A entrada é de balde.

Creado no ano 2000 como parte do proxecto coral “El León de Oro”, “Los Peques del León de Oro” ten como obxectivo formar coralmente ós máis pequenos, co fin de crear unha canteira coral.

Na actualidade componse de 50 voces e conta cun repertorio amplio e variado en estilos. Ten obtido primeiros premios en varios concursos nacionales coma Oviedo, Avilés, Totana, Torrevieja (2004 y 2008), a nivel internacional o cuarto premio en Varna (Bulgaria) e tamén foi o cuarto clasificado en Tolosa 2010 e o segundo Premio en Tolosa 2011. En 2012 conseguiu o terceiro premio nun dos Concursos de Música Contemporánea más importante de Europa, Bela Bartok International Choir Competition.

Tamén teñen realizado varias colaboracións coas orquestas profesionales de Asturias (Oviedo Filarmonía, Orquesta de “Los Adioses”).

A súa directora – fundadora é Elena Rosso Valiña profesora de Piano, Linguaxe musical e coro na Escola Miguel Barrosa de Carreño.

Exit mobile version