Site icon Crónica3.com A Mariña

O mariñeiro poeta Xosé Iglesias presentará no Museo Provincial do Mar o seu primeiro libro “Transfusión Oceánica”

PicsArt_1432152976114San Cibrao, 26 de maio de 2015.- O próximo sábado 30 de Maio, ás 20:00 h., o mariñeiro poeta Xosé Iglesias presentará no Museo Provincial do Mar o seu primeiro libro “Transfusión Oceánica”.

O poeta ceense Xosé Iglesias, é patrón de baixura do Primero Villar, e fíxose famoso no 2011 ó subir a Youtube un video protestando contra ás cotas pesqueiras impostas pola Unión Europea.

Foi Xurxo Souto o que animou a este lobo de mar, curtido xa nas batallas do Gran Sol, a que escribise os seus poemas, e Paco Souto o que impulsou a publicación de “Transfusión Oceánica” na Editorial Caldeirón.

Como presentadora do acto intervirá a escritora Iolanda Aldrei, e tamén participará no mesmo Serafín Mourelle, tamén mariñeiro poeta.

Exit mobile version