Site icon Crónica3.com A Mariña

O método deportivista, a estudo nas IV Xornadas do Deporte Academia Imdecum

manuelmosquerarelator-xornadas15Burela, 29 de maio de 2015.- O fútbol centrou onte todas as miradas nas IV Xornadas do Deporte Academia Imdecum coa visita do adestrador do RC Deportivo B e director da Escola Galega de Adestradores, Manuel Mosquera. O técnico coruñés falou dos obxectivos do equipo, coa loita polo ascenso como meta, e da composición do cadro, cun equipo novo, con xogadores a proba de diversas nacionalidades, así como dos métodos de adestramento, baseado na intensidade das accións, a importancia do conxunto fronte ao individuo e na preparación do propio equipo, non tanto no estudo do rival.

Manuel Mosquera, ex–xogador do Deportivo, Estremadura e Compostela, tamén fixo un repaso do seu equipo na liga, que conseguiu ir mellorando co paso dos partidos despois dun comezo complicado con rivais fortes. Este domingo o RC Deportivo B disputará o partido de volta no play off de ascenso a 2ª División B.

Despois de surf, fútbol gaélico e fútbol, as IV Xornadas do Deporte pecharanse o xoves 4 de xuño co piloto de rallyes Pedro Burgo.

Xoves 4 de Xuño
Aula usos múltiples – IES Monte Castelo, 17:30h.
D. Pedro Burgo Vilanova (Piloto de Rallyes)
“Equipo Burgo Rally Team. Creación, proxecto deportivo e preparación anual”

Exit mobile version