Site icon Crónica3.com A Mariña

O Partido Popular de Viveiro apoiará á xuventude

Viveiro, 21 de maio de 2015.- O Partido Popular de Viveiro a través das súas medidas apoiará os máis novos para que poidan desenvolver o seu proxecto vital na súa cidade.

A través do Plan de emprego municipal que faremos con recursos propios, reservando unha partida específica do noso presuposto, incentivarase a contratación de menores de 25 anos.

Crearase un viveiro de empresas, poñendo a disposición dos mozos emprendedores unha serie de locais para que poidan iniciar a súa actividade.

Activaremos unha bolsa de emprego con acceso a través da xanela única municipal.

Crearemos a escola de teatro, danza e escenografía.

Acondicionaremos un espazo para maquetación e gravación de producións musicais, ao obxecto de que todos os grupos musicais de Viveiro poidan editar as súas cancións cun baixo custo.

Potenciaremos os deportes tradicionais, de aventura, caza, pesca, naúticos e de ocio ecolóxico.

Habilitaremos a Casa de Calvo Sotelo como Centro Cultural e de Xuventude.

Exit mobile version