Site icon Crónica3.com A Mariña

O Partido Popular de Viveiro apostará por un concello habitable e atento ás demandas das parroquias

Viveiro, 18 de maio de 2015.- O Partido Popular de Viveiro apostará por un concello habitable, cun desenvolvemento urbanístico sostible. Para iso comprometémonos a sacar adiante dunha vez por todas, o Plan Xeral de Ordenación Urbana, instrumento fundamental para o desenvolvemento do noso municipio. Este Plan deberá estar aprobado antes de que finalice este ano 2015 se non queremos perder a subvención de 60.000 euros outorgados pola Xunta de Galicia para a súa realización. O certo é que despois de 12 anos de gobernos de “progreso” en Viveiro, non foron capaces de aprobalo, a pesar de anuncialo para o 2005 ou para o 2006, todo isto a pesar de ter na Xunta de Galicia gobernos das súas cores entre o 2005 -2009.

O Partido Popular de Viveiro, ampliará o Plan de Rehabilitación a outras zonas do municipio, como por exemplo en Celeiro.

Ocuparémonos das parroquias, as grandes esquecidas nestes 12 anos. Non se fixo nada novo e o peor é que non se mantivo en condicións o xa existente. Melloraremos os accesos ás vivendas, coidaremos as pistas – que actualmente se encontran destruídas na súa inmensa maioría -, melloraremos e ampliaremos os camiños rurais e pistas forestais.

Potenciaremos a banda ancha nas zonas rurais, para evitar queixas como a dos veciños de Chavin que apenas dispoñen de sinal nos seus domicilios.

Levaremos a cabo a tan demandada ampliación do cemiterio municipal de Altamira.

Exit mobile version