Site icon Crónica3.com A Mariña

O Partido Popular de Viveiro apostará por un Concello transparente e aberto ós veciños

O PP de Viveiro concurrirá a estas eleccións municpais de maio apostando por un Concello transparente e aberto ós veciños.

Así no seu programa comprométese á elaboración e aprobación duns Presupostos anuais que den resposta ás necesidades dos veciños.

En ningún caso imos a estar, como estiveron outros, prorrogando catro anos os presupostos – co que isto contribui a aumentar a débeda municpal -, nin facendo como no exercicio 2014 onde o presuposto dese ano se aprobou en outubro, cando a normativa sinala que deben de aprobarse no ano anterior a súa entrada en vigor, é dicir, neste caso concreto terían que telos aprobados antes do 31 de decembro do 2013. Cabe sinalar que dos do 2015 nada se sabe, a pesares de ter anunciado nos medios que estarían listos para decembro e a algúns particulares que os aprobarían antes das eleccións municipais.

Estamos ante unha proba máis dunha deixadez total e absoluta por parte dos que nos gobernan, o que condea sistemáticamente o noso Concello a soportar unha situación económica moi delicada.

O PP de Viveiro realizará unha xestión axil, moderna, eficaz e eficiente. Para conseguir isto crearemos unha ventanilla única virtual de acceso ós servicios administrativos do Concello, coa vantaxe que reportará a moitos dos nosos veciños non ter que desprazarse físicamente, nin agardar máis do necesario, para realizar moitos trámites.

Potenciaremos a utilización das novas tecnoloxías, modernizando a páxina web do concello – levase anunciando que se faría dende o 2012, pero o certo é que a día de hoxe temos unha web pouco funcional e nada atractiva -. Crearemos unha web 3.0, impulsaremos a comunicación a través dos móviles, das aplicacións , das redes sociais.

En definitiva subiremonos ó tren das novas tecnoloxías para facilitar a relación da Administarción cos seus administrados, sen perder de vista o trato directo cos veciños e veciñas de Viveiro, xa que somos conscientes de que sobre todo, as persoas máis maiores poden ter dificultades para manejarse con estas novas tecnoloxías.

Exit mobile version