Site icon Crónica3.com A Mariña

O Partido Popular de Viveiro asegura que “fomentará o emprego”

O Partido Popular de Viveiro está convencido de que a mellor política social é a creación de emprego, por este motivo e desde o ámbito competencial municipal tomará todas aquelas medidas que conduzan a este obxectivo irrenunciable.

“Elaboraremos un Plan de Emprego Municipal en colaboración coas empresas locais, para promover o emprego no ámbito municipal, contribuíndo así a mellóraa na calidade laboral, ao benestar social e ao desenvolvemento económico de Viveiro. Serán axudas dirixidas ás empresas locais que incorporen ou reincorporen a persoas do noso concello -contratación-. Así mesmo haberá outra liña de axudas dedicado ó autoemprego -autónomos-.

“Crearemos un viveiro de empresas, para dar asistencia e apoio a todos aqueles emprendedores que queiran iniciar unha actividade empresarial”.

“Promocionaremos a formación a través dos obradoiros de emprego. Para iso asociarémonos/asociarémosnos con concellos veciños, ao obxecto de alcanzar a puntuación necesaria que nos permita participar dos mencionados obradoiros”.

“Apoiaremos dun modo decidido ás industrias xa existentes no noso municipio e procuraremos atraer a outras novas ata completar o noso polígono de Landrove”.

“Crearemos unha Concellería do Mar que será asumida directamente polo Alcalde, ao obxecto de estar permanentemente á beira dun sector crave para o desenvolvemento económico do noso municipio como é o pesqueiro. Seguiremos traballando de xeito conxunto con este sector, como o fixemos ata a data, para que as súas demandas véxanse atendidas e a súa expansión e desenvolvemento económico sexan cada vez maiores, o que sen dúbida repercutirá positivamente na creación de emprego”.

Viveiro, a 7 de maio de 2015
Antonio J. Bouza Rodil
Candidato PP de Viveiro.

Exit mobile version