Site icon Crónica3.com A Mariña

O Partido Popular de Viveiro potenciará o comercio e impulsará o turismo

Viveiro, 15 de maio de 2015.- O Partido Popular de Viveiro está convencido de que o apoio ao sector comercial é clave para o desenvolvemento económico e social de Viveiro, por iso adoptaremos todas as medidas necesarias que favorezan o traballo e a implantación de novos establecementos no noso Concello.

Dende a mesa do comercio local, onde estarán representados ademais dos comerciantes, o resto de forzas políticas que conformen a Corporación, buscaremos as mellores solucións para un desenvolvemento comercial próspero e frutífero. Dende a Concellaría de Comercio apoiaremos todas aquelas propostas que se nos trasladen e resulten viables.

Tal e como manifestamos asinaremos un convenio de colaboración coa asociación Viveiro Centro Comercial Histórico, poñendo á súa disposición locais nos que poidan desenvolver o seu labor, sen custo económico ningún para a devandita asociación.

Reintegrarémonos na Mancomunidade de Municipios da Mariña, de onde non debemos de saír. É certo que o noso peso non era o que Viveiro se lle supón, pero as situacións se solucionan afrontándoas, non escapando.

Crearemos un Consorcio de turismo coa participación do sector privado, para unha mellor elaboración e posta en marcha de todo tipo de eventos que nos fagan destacar como o que somos, un Concello de interese turístico.

Seguiremos apostando e apoiando decididamente a aqueles eventos que nos fan únicos e inconfundibles: Semana Santa, Resurrection Fest, as nosas festas de interese turísitico – Pescada de Celeiro, Rapa dás Bestas e Naseiro -. Non se nos esquecerán outros eventos con tanto arraigamento en Viveiro como é o Carnaval.

Crearemos un Museo Permanente da Semana Santa.

Potenciaremos o noso casco histórico, as nosas praias – volveremos solicitar as bandeiras azuis -, a nosa montaña, as nosas rutas de sendeirismo – sinalizarémolas axeitadamente -.

Desenvolveremos as áreas etnográficas da Mina da Silvarosa e Area.

Impulsaremos a creación dun centro de interpretación do eucalipto no Souto da Retorta.

Desenvolveremos a nosa oferta turístico, natural e deportiva a través do móbil, apps…

Exit mobile version