Site icon Crónica3.com A Mariña

O Partido Popular de Viveiro traballará pola mellora da educación, a cultura e o deporte

Viveiro, 12 de maio de 2015.- O Partido Popular de Viveiro impulsará a construción dun auditorio municipal, unha edificación que xunto co Teatro Pastor Díaz albergue todas aquelas manifestacións culturais que se leven a cabo na nosa cidade.

Faremos as xestións necesarias para que a Consellería de Educación asuma o Conservatorio de música, o que redundará moi positivamente nas arcas municipais ao non ter que desembolsar os máis de 700.000 euros anuais que custa o seu mantemento, ao tempo que se abaratarán as tarifas dos seus usuarios que na actualidade son bastante máis caras que as doutros Conservatorios que se xestiona a propia Consellería.

Para que as familias poidan compatibilizar a vida laboral e familiar na época de vacacións dos escolares, realizaremos actividades encamiñadas a que esta tarefa resulte sinxela nestas épocas estivais.

Creación dunha escola de teatro, danza e escenografía para dar un impulso a estas artes escénicas.

Xestión seria e rigorosa da piscina municipal, a través da xestión que proporcione o servizo máis alcanzable e de mellor calidade aos nosos veciños, auténticos referentes da nosa acción de goberno. Dotaremos de novos equipamentos a esta instalación, posto que algúns dos que ten na actualidade non se encontran en moi bo uso. Asi mesmo poñeremos en funcionamento o campo de fútbol de Lavandeiras para que piedas ser utilizado para o fin que se creou.

Todas as asociacións culturais e deportivas rexistradas no Concello, terán o noso apoio, para o que elaboraremos conxuntamente un baremo obxectivo para a repartición de axudas.

Potenciaranse todas as modalidades deportivas, dende as tradicionais, ata os deportes de aventura, a caza, a pesca, a náutica e o ocio ecolóxico.

Exit mobile version