Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP burelés centrará a campaña “nas persoas e no que lle importa a Burela”

Burela, 7 de maio de 2015.- O Partido Popular de Burela expresou este xoves a súa “valoración mui satisfactoria polo traballo feito durante a precampaña electoral, que sen dúbida constitúe unha base sólida para afrontar o traballo que temos que abordar nos vindeiros quince días”.

O PP de Burela asegura que “a precampaña foi mui participativa, con contacto mui directo cos veciños e co tecido asociativo; unha precampaña que movilizou ás bases do partido, pero que fundamentalmente movilizou á sociedade, porque a receptividade foi evidente e manifesta”.

Os populares indicaron que “en dous meses e medio, tivemos ó redor de trinta reunións con colectivos, asociacións, con veciños polos barrios,…., nas que, nunha primeira volta, escoitamos o que nos tiñan que decir no tocante ó que levamos feito e no que respecta ó que hai por facer para os vindeiros catro anos”.
“Na segunda votal, expuxémoslles os nosos proxectos, para que a xente saiba o que queremos facer”, manifestan os populares de Burela, que engaden que “se tentou recoller a maior parte das aportacións feitas polo tecido asociativo e polos veciños”.

Desde o PP burelés indican que “deste xeito, temos todo preparado para afrontar os quince días de campaña con optimismo e con garantías. Movilizaremos setenta axentes electoráis que se encargarán de extender a nosa mensaxe, de explicar o que queremos facer nos vindeiros catro anos, e de participar de forma activa nos actos electoráis e na propia xornada electoral. Somos, unha vez máis, o partido político que máis persoas moviliza nun proceso electoral”.

Noutro ourde de cousas, os populares de Burela aseguraron que “a nosa campaña electoral centrarase en explicar o que lle importa ás persoas, en sentar as bases para axudar a crear emprego, factor fundamental para que as persoas se sintan realizadas. E tamén se centrará en explicar os proxectos que hai pendientes de acometer, xa que o que nos importa é únicamente Burela, o seu desenvolvemento e o seu futuro. Nós non somos paracaidistas da política, nin actuamos con revanchismo contra ninguén. Somos o partido do previsible, da estabilidade, e por eso imos facer unha campaña centrada nos veciños e veciñas, esquecéndonos de liortas partidistas que nada lle interesan ós cidadáns”.

Exit mobile version