Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP burelés está xestionando melloras no IES “Monte Castelo” e no CEIP “Virxe do Carme”

IMG-20150430-WA0016Burela, 2 de maio de 2015.- José María González Barcia, alcalde e candidato á reelección polo Partido Popular, xunto con membros da súa candidatura, mantivo unha reunión o pasado xoves con representantes das ANPAs e cos directores dos centros de Ensino da localidade, para explicarlles o contido do borrador de programa electoral.
Nunha reunión valorada como “mui cordial e positiva” por Barcia, éste lembrou que nestes últimos catro anos o goberno municipal colaborou na adecuación dunha biblioteca para o IES “Monte Castelo”, mantivo os comedores escolares e os centros abertos polas tardes, recuperou as subvencións para as ANPAs, renovou a pista descuberta do “Virxe do Carme”, adecuou os vestiarios do pavillón dos Institutos e vai comenzar cos vestiarios do pavillón dos Castros, e xestionou a renovación do teito do CEIP “Vista Alegre”, cun investiemento de 120.000’00€ e xa feita, e a próxima ampliación do IES “Perdouro”, que contará cun investimento de 420.000’00€ e que se acometerá este mesmo ano.

José María González Barcia explicou que “nestes momentos xa estamos xestionando milloras nos teitos do IES ‘Monte Castelo’ e no CEIP ‘Virxe do Carme’. Estas actuacións son prioritarias xa que de non solucionalas a tempo poden afectar á estructura dos edificios; confiamos en que haxa solucións en breve”.
Pero ademáis o actual rexedor lembrou que xa está presentado na Xunta o proxecto para a renovación do teito do pavillón dos Castros, cun investimento de algo máis de 100.000’00€. “Esta obra será outra das nosas prioridades para o futuro máis inmediato”.

Asimismo, manifestou que na vindeira semana comenzarán as obras de reforma dos vistiarios do pavillón dos Castros, que contan cun investimento de 23.000’00€.

González Barcia indicou que nos vindeiros días continuarán anunciado medidas en materia educativa que están incluidas no programa electoral.

Exit mobile version