Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Foz celebra mitins en Vilaronte, San Mariño e Cordido durante a fin de semana

Foz, 15 de maio de 2015. O Partido Popular de Foz celebrará tres mitins esta fin de semana: este sábado, en Vilaronte e o domingo en San Martiño e Cordido.

O mitin do PP en Vilaronte será este sábado ás 20.00 horas no local da asociación cultural O Castro.

E o domingo, día 17, os populares terán o seu acto electoral en San Martiño a unha e media do mediodía no teleclub. E pola tarde, 18.30 horas, haberá mitin do PP na escola de Cordido

Nestes tres actos do Partido Popular intervirán o candidato á reelección para a alcaldía de Foz, Javier Castiñeira, e outros membros da lista.

Exit mobile version