Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Mondoñedo celebrará este domingo unha charla-mitin en Viñas da Veiga

Mondoñedo, 16 de maio de 2015.- O Partido Popular de Mondoñedo anuncia que este domingo celebrará un charla-mitin en Viñas da Veiga, ás 12 horas, nos soportais dos edificios sociais (bloque 2, portal 3).

Segundo explica a candidata polos populares locais, Elena Candia, este encontro enmárcase dentro do programa de mitins que están a celebrar polas parroquias e barrios de Mondoñedo para dar a coñecer o seu programa electoral.

Previamente, segundo lembra Candia, os populares de Mondoñedo mantiveran tamén reunións nas parroquias e coas asociacións e colectivos para recadar ideas que posteriormente permitirían a elaboración do programa co que se presenta o Partido Popular ás eleccións do próximo 24 de maio.

Exit mobile version