Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Mondoñedo comprométese á creación dun viveiro de empresas en apoio aos emprendedores

Mondoñedo 12 de maio de 2015.- A candidata á alcaldía polo Partido Popular de Mondoñedo, Elena Candia, explicou este martes que no programa co que se presenta aos comicios de maio “facemos unha aposta decidida polo impulso e a creación de emprego”.

Así, entre as iniciativas que propoñen os populares inclúese a creación dun viveiro de empresas que permita o apoio aos emprendedores.

Neste senso, Candia explica que se estudarán como posibles ubicacións, entre outras, espazos non utilizados da Casa da Cultura, planta de oficinas do Centro Comarcal…, o que implicaría tamén a posta en valor destes edificios.

A maiores, a candidata popular engade o compromiso dos populares de realizar os contactos oportunos e xestionar convenios cos propietarios de infraestruturas industriais da zona, para que se convertan tamén nunha oportunidade. “Comprometémonos a optimizar os bens locais, pero cunha prioridade ao emprego”.

Exit mobile version