Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSdeG-PSOE de Foz ofrece un mitin en Marzán este sábado

A Agrupación Local do PSdeG-PSOE de Foz e o noso candidato Jaime Cancio convoca a todos os veciños de MARZÁN a XUNTANZA VECIÑAL / MITIN o sábado 16 de maio ás 20.30 horas no LOCAL SOCIAL, co fin de explicar o noso COMPROMISO CON OUTRA FORMA DE GOBERNAR incluído no Programa Electoral de cara as Eleccións Municipais do Concello de Foz.

Por iso, veciño de MARZÁN, pedímosche que participes nesta xuntanza porque con nos TI DECIDES sobre o noso compromiso de reordenación de espazos deportivos colindantes co pavillón de Marzán e construción de beirarrúas na estrada do cemiterio. De esta forma poderás coñecer e aclarar todas as dubidas que poidas ter sobre o noso programa da man dos veciños que forman a lista dos socialistas de Foz.

FALARÁN:
MARIA ANGELES VEIGA VARELA, veciña de Marzán
JOSÉ FRANCISCO RAMALLEIRA FRAGA, veciño de Foz.
JAIME CANCIO RODRIGUEZ, candidato á alcaldía de Foz

Os socialistas entendemos que a participación veciñal e moi importante e necesaria porque é a mellor forma de que en MARZÁN, TI DECIDES, A FORMA DE GOBERNAR PARA OS VINDEIROS CATRO ANOS.

Jaime Cancio (candidato do PSOE de Foz).

Exit mobile version